xoves, 25 de febreiro de 2016

Un día por Rosalía


  O colexio A Rúa recita unha adaptación do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro o 24 de febreiro festexando o seu día cunha gravación do seu fermoso poema.


  Dende infantil ata quinto curso (sexto non puido vir) , todos os mestres e alumnos, incluído o estadounidense Brendan, colocáronse polo corredor para recitar en orden cada un as súas estrofas do poema. Ó rematar, os nenos e nenas de catro anos formaron con carteis a frase: DÍA DE ROSALÍA, e Brendan, co seu ukelele acompañounos cunha versión de "Halellujah" de Leonard Cohen, pero cambiando o refrán por "Rosalía".

  Esta celebración foi durante a hora de ler xa que cada 24 de febreiro se conmemora o día desta gran poetisa galega que nos deixou poemas moi fermosos.

    Sexto non puido asistir porque estaba co proxecto de cine en curso.

    Toda esta celebración foi gravada por Manu, o profe de 5º. Aquí abaixo vos deixamos o vídeo, esperamos que o gocedes, e que se se recorde a Rosalía durante moitos anos máis.



Reporteiros: 5º curso

Ningún comentario:

Publicar un comentario