luns, 29 de febreiro de 2016

Alice In Wonderland

Os nenos de 4º e 5º foron ver unha obra de teatro. Chamábase "Alice In Wonderland".

A obra ía dunha nena chamada Alice que estaba lendo un libro e se quedou durmida. No sono deuse conta que estaba no país das maravillas !!!!!

 Alí coñeceu a un elfo ao que lle chiflaba o ouro  e que se representaba co día de San Patricio. Logo coñeceu ao sombrereiro loco, ao que lle encantaba tomar o té as 12 en punto. Pero tamén se atopou coa malvada raíña dos corazóns a que lle chiflaba o día de San Valentín.  Así que encerrou a Alice na cárcere. Alí coñeceu a un esqueleto que non daba medo e que lle encantaba o Samaín, e para animarlle Alice cantou con el unha canción sobre o Samaín. Logo, o esqueleto axudou a Alice a fuxir da cárcere. Despois atopou a un Papá Noel rapeiro, e cantaron xuntos unha versión rapeira de "Jingle Bells". Logo, a raíña encontrou a Alice e quixo decapitala, pero ela a convenceu para que ela a axudase a saír dese sono tan raro. Así que a raíña deulle a ela un frasquiño cun líquido que lle obligou a despertarse do sono.

Redactores: Candela e Pablo
Foto: Manu

Ningún comentario:

Publicar un comentario