martes, 20 de marzo de 2018

Dormen as formigas?





O primeiro estudo sobre o hábitat do sono das formigas levárono a cabo James e Cottell en 1983 onde tentaban descubrir o patrón do sono dos insectos. Esta investigación di que as raíñas dormen 9 horas diarias, en cambio as obreiras non dormen nin a metade, senón que o fan doutra maneira máis intermitente; poden durmir unhas 250 sestas ao día e aproveitar calquera ocasión para botar unha cabezadiña. Isto explicaría por que as raíñas viven varios anos e en cambio as obreiras só uns meses.

As formigas traballadoras poden estar espertas e activas en calquera momento e, ao vivir case sempre baixo a terra, non teñen o ciclo de día e de noite; as durmidas destas incansables criaturas duran arredor dun minuto o que fai que ao cabo do día descansen unhas 4 ou 5 horas. As raíñas aumentan o tempo por sesta ata 9 minutos. A función do sono nestes seres segue sendo aínda un misterio.


Autoras e autor da nova: Silvia, Clara e Dani, de 5º de Primaria


Ningún comentario:

Publicar un comentario