luns, 23 de novembro de 2015

O samaín no cole.

Que medoooooo !!
O samaín este ano foi marabilloso!!!
Cando o samaín se achegaba ao cole, a maioria das clases fixeron manualidades, algunha que outra  clase investigou sobre a historia do samaín...





            
 

  Un día, cando todo o mundo estaba traballando nas súas cousas, no momento máis inesperado.... ¡ PACO DEUNOS UNHA INVITACIÓN DICINDO CANDO ÍA SER A FESTA DE SAMAÍN ! Todo o mundo quedou sorprendido. Así que todos os nenos correron ás súas casas preparando os seus disfraces, as súas lambetadas e as súas ganas de pasalo ben...


A FESTA FOI O MÁIS!! Todo o mundo comeu biscoito, galletas, caramelos, filloas...
E vimos disfrazados!!! Polo cole paseaban zombies, vampiros, momias,...
Sen dúbida, un samaín perfecto.






MÁIS COUSAS SOBRE O SAMAÍN

Sabedes que o halloween estadounidense procede do samaín celta ?
A palabra " samaín " ven de " samhaín " termo gaélico que significaba o final do verán que era a celebración do final da colleita.
Nesta noite, o 31 de outubro as almas dos mortos atravesaban un portal que separaba o mundo dos vivos dos mortos, para que a xente poidese reunirse cos seus familiares falecidos. O " truco o trato " non procede da tradición celta, provén do que fan en Estados Unidos ( EE.UU ).


E con isto rematamos. Esperemos que o samaín que vén sexa....


     ¡ FANTÁSTICO !

Aquí máis información sobre o samaín.

Xornalistas : Pablo e Brais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario