luns, 23 de novembro de 2015

A Ría de Arousa ten o seu propio Titanic.


Unha pequena foto do barco Aries
O barco Aries, afundido nas inmediacións da Illa en 1977,  consérvase en moi bo estado.Non hai ningún mergullador que se resista a visitar os encantos que garda o barco Aries.
O barco leva oculto nas profundidades do mar dende o ano 1977, cando nunha noite de tempestade se afundiu no mar, tras chocar contra as rochas, coñecidas como As Loubeiras. Foise ó fondo unha estrutura de 47 metros de eslora cargada de abono que o cargueiro traía de Marrocos para o porto do Caramiñal. Polo menos os seus seis tripulantes salvaron as vidas. Agora os mergulladores converteron o barco nun museo debaixo da auga.


Esta nova está documentada na que se publicou no Faro de Vigo o día 6 de Xullo do 2015.                                                                           Redactoras: Candela e Sabela.


Esta é unha foto dos restos do barco Aries


Ningún comentario:

Publicar un comentario