luns, 15 de xaneiro de 2018

O mundo de Roma




Os alumnos/as de primeiro e segundo de Primaria estamos traballando un proxecto moi interesante sobre Roma e as súas caracteristicas máis importantes.

Aquí presentamos unha edificación das máis representativas:





``Unha torre de defensa romana´´


Esperamos que vos guste.




ENTREVISTA A DOUS NENOS DE 2º

-Como empezou?
  • Fixemos equipos para pensar sobre o que queriamos saber e o que sabemos; do que sabemos fixemos un debuxo.
  • Investigamos ao que xogaban os nenos pequenos romanos:
    As nenas xogaban coas bonecas e os nenos con canicas de arxila.
  • Fixemos un menú romano.
  • Vimos un camiño romano feito con pedras e area. Cada mil pasos colocaban un milenio:
    Un milenio é un poste que pon 2.000, 3.000...

- Que son as torres que fixestes?
  • As torres as facian os romanos para decorar.

-Para que estudastes Roma?
  • Este ano traballamos sobre Asterix e Obelix, de aí xurdiu o proxecto.
  • Descubrimos os nomes dos personaxes, todosa os nomes que son galos terminan en ix.
  • Panoramix fai unha poción que dura 10´ .


     Autores/as: Adam, Marco e Nerea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario