mércores, 9 de marzo de 2016

Unha charla avispada

  O martes 8 de marzo Dani e Fran, dous apicultores do Morrazo, viñeron a clase de quinto curso para darnos unha charla sobre abellas e avespas.
  Dani e Fran, afeccionados as abellas, séntense moi preocupados polo problema coas avespas Asiáticas ou Velutinas. Por iso van polos coles dando charlas sobre a vida das abellas, a súa importancia para a natureza,  os alimentos, a polinización e mesmo para nós, dos tipos de avespas, compararon a avespa Cabro coa Velutina para aprender a recoñecelas.


  Tamén nós mostraron unha colmea artificial onde habitan as súas abellas das que sacan mel para vender, e un niño de avespas Asiáticas. Para rematar ensináronos como construír unha trampa caseira para impedir que se estenda esta especie estranxeira. 


Abaixo podedes ver o vídeo no que nos explican como construír unha trampa caseira:




Redactores: Clase de 5º
Fotografías: Manuel

Ningún comentario:

Publicar un comentario