domingo, 24 de xaneiro de 2016

Descúbrese un novo planeta no Sistema Solar

É posible que o Sistema Solar teña un noveno planeta co mesmo tamaño de Neptuno e ninguén se deu de conta ??? Pois sí, fai pouco descubriuse un novo planeta moi curioso.....



 O planeta ten de momento o nome de " Planeta 9 ".

Este planeta non se puido ver polo momento, pero supoñendo a súa existencia, os astrofísicos explican moito mellor as traxectorias complexas dos corpos que forman parte do cinturón de Kuiper *
no Sistema Solar. Isto débese a que a traxectoria dos obxectos depende da atracción gravitatoria que sofren pola presenza de todos os demais.

Os astrónomos din que este novo planeta tería 10 veces a masa da Terra.

Agora todos os astrofísicos estánse volvendo tolos para ver quen é o primeiro que consiga unha imaxe dese planeta.

*Cinturón de Kuiper : É un conxunto de corpos de cometa que orbitan ao redor do sol.

Reporteiro: Pablo Dacuña

Ningún comentario:

Publicar un comentario