luns, 14 de decembro de 2015

Xa está aquí o Nadal


Un ano máis O CEIP A Rúa vístese de nadal e todas as aulas queren festexar estas datas tan entrañables.


Xa está aquí o Nadal e o imos festexar facendo festas en todas as clases.

Algúns empezarán facendo unha ronda de chistes seguida por unha gran merendola acompañados dos nenos/as de 1º da E.S.O. Por último, a visita das súas maxestades, os Reis Magos e mesmo o Apalpador. 

Para facer a merenda, traemos cada un de nós un postre típico do Nadal, como: Turrón, polvoróns, mazapáns, trenzas de canela, pastas...

Logo coa visita dos Reis entregámoslle as nosas cartas e recibimos un regalo 
deles, que normalmente son caramelos. É xenial!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario