luns, 16 de novembro de 2015

Unha parella turca comparte o seu banquete de voda con 4000 refuxiados sirios

4000 refuxiados sirios comen como reis na voda dunha parella turca


Os señores Esra e Fethullah.



Unha parella turca, Esra Polat e Fethullah Üzümcüoglu, foi super solidaria na súa voda celebraba o 5 de Agosto deste ano en Turquía. Compartiron o seu banquete de voda con 4000 refuxiados sirios, que residen na cidade de Killis, que está no sur de Turquía. Esa parella decidiu, en lugar de facer un incrible banquete, optar por colaborar coa ONG Kimse Yok Mu ( KYM ).



 




En palabras de Fethullah : " Danme mágoa os refuxiados. Parecíame necesario dar comida a nenos necesitados ".
Moitos asistentes da voda, e tamén moita xente que leu esta nova no xornal opina que é a voda máis solidaria do mundo, 
¿que vos parece ?




Redactores : Pablo e Brais.
























Ningún comentario:

Publicar un comentario