domingo, 29 de novembro de 2015

Unha nana para un soldado

Debuxo do resumen da obra





Os de 3º e 4º asisten, xunto a outros coles da provincia, á representación da obra "Unha nana para un soldado".

















 O día once de novembro fomos cos nosos compañeiros de cuarto curso a Vigo para ver unha obra de teatro.

Agardando a que empece
 A min gustoume moito cando unha muller que se chamaba Aurora lles contaba aos soldados que soñaba con estrelas. As estrelas xuntábanse e facían un globo no que ela ía voando. Desde alí vía a terra cuberta cun grande mantel branco. Do mantel saían un montón de cousas bonitas e de moitas cores, pero chegaba a guerra e o mataban todo. Ela cantaba para que durmiran todos os soldados e non mataran máis.

  Ao final da obra os dous soldados máis o fillo de Aurora íanse con ela nese globo, voando entre as estrelas.


Reporteira: Iris Cordeiro Barros.
Debuxos: Iris, Aroa e Abderramán

Ningún comentario:

Publicar un comentario