O
primeiro estudo sobre o hábitat do sono das formigas levárono
a cabo James e Cottell en 1983 onde tentaban descubrir o patrón do
sono dos insectos. Esta
investigación di
que as raíñas dormen 9 horas diarias, en cambio as obreiras non
dormen nin a metade, senón que o fan doutra maneira máis
intermitente; poden durmir unhas 250 sestas ao día e aproveitar
calquera ocasión para botar unha cabezadiña. Isto explicaría por
que as raíñas viven varios anos e en cambio as obreiras só uns
meses.
As
formigas traballadoras poden estar espertas e activas en calquera
momento e, ao vivir case sempre baixo a terra, non teñen o ciclo de
día e de noite; as durmidas destas incansables criaturas duran
arredor dun minuto o que fai que ao cabo do día descansen unhas 4
ou 5 horas. As raíñas aumentan o tempo por sesta ata 9 minutos. A
función do sono nestes seres segue sendo aínda un misterio.
Autoras e autor da nova: Silvia, Clara e Dani, de 5º de Primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario