Converte as fotos ou debuxos escaneados en divertidos quebracabezas con esta ferramenta online.
Preme na imaxe |
Instruccións:
Para rexistrarte:
1. Entra na web e rexistrate poñendo un nome de usuario, o teu correo e un contrasinal.
2. Preme o botón de "Rexistrar".
3. No teu correo recibirás unha mensaxe para confirmar o rexistro. Acéptaa e xa podes comozar a crear quebracabezas.
Para crear:
1. De volta en Jigsaw Planet, preme o botón "Crear" (de arriba).
2. En "Nombre", tes que poñer o nome do álbum no que se gardará o quebracabezas.
En "Visibilidad", selecciona "Any one wthit the link", para que so se vexa o quebracabezas usando o enlace do xornal.
3. Preme "Crear" (de abaixo).
4. Selecciona a imaxe desde o teu ordenador.
5. Dalle título, elixe a dificultade, e o tipo de pezas.
6. Preme "Crear" (de abaixo).
O quebacabezas xa está listo, so queda colocalo no xornal:
1. No botón compartir debes seleccionar "Insertar"
2. Copia o código que está debaixo do xogo e pégao en Html.
Listo xa tes o quebracabezas en Faladeiros!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario