Últimas publicacións

martes, 20 de marzo de 2018

Ósos do corpo

ÓSOS DO CORPO

Dormen as formigas?





O primeiro estudo sobre o hábitat do sono das formigas levárono a cabo James e Cottell en 1983 onde tentaban descubrir o patrón do sono dos insectos. Esta investigación di que as raíñas dormen 9 horas diarias, en cambio as obreiras non dormen nin a metade, senón que o fan doutra maneira máis intermitente; poden durmir unhas 250 sestas ao día e aproveitar calquera ocasión para botar unha cabezadiña. Isto explicaría por que as raíñas viven varios anos e en cambio as obreiras só uns meses.

As formigas traballadoras poden estar espertas e activas en calquera momento e, ao vivir case sempre baixo a terra, non teñen o ciclo de día e de noite; as durmidas destas incansables criaturas duran arredor dun minuto o que fai que ao cabo do día descansen unhas 4 ou 5 horas. As raíñas aumentan o tempo por sesta ata 9 minutos. A función do sono nestes seres segue sendo aínda un misterio.


Autoras e autor da nova: Silvia, Clara e Dani, de 5º de Primaria


luns, 19 de febreiro de 2018

LIBRETA KAWAII

SÓ CON POUCAS FOLLAS!!!


 QUE SE NECESITA?

- Follas de papel. (poden ser de calquera tipo)
- Pegamento.(pode ser de calquera tipo)
- Un rotulador.
- E moita moita imaxinación.










 COMO SE FAI? 

- 1. Primeiro dobras as follas de papel.















- 2. Pégalas como na foto.

 

- 3. Colle o rotulador e a túa imaxinación e debuxa algo kawaii. E listoooo!!!

Vocabulario básico del francés

Vocabulario basico del Francés

Material da escola

Materiais da escola

Animales

Animales

luns, 5 de febreiro de 2018

CARRERA EN EL MAR




Hay una carrera en el mar , ¿cuál es el que queda de último? 


nifled le.


luns, 29 de xaneiro de 2018

PANTASMAS

As nosas pantasmas


Que lle di unha pantasma a outra:

- Ás veces péganseme un pouco as sabas!

luns, 15 de xaneiro de 2018

O mundo de Roma




Os alumnos/as de primeiro e segundo de Primaria estamos traballando un proxecto moi interesante sobre Roma e as súas caracteristicas máis importantes.

Aquí presentamos unha edificación das máis representativas:





``Unha torre de defensa romana´´


Esperamos que vos guste.




ENTREVISTA A DOUS NENOS DE 2º

-Como empezou?
  • Fixemos equipos para pensar sobre o que queriamos saber e o que sabemos; do que sabemos fixemos un debuxo.
  • Investigamos ao que xogaban os nenos pequenos romanos:
    As nenas xogaban coas bonecas e os nenos con canicas de arxila.
  • Fixemos un menú romano.
  • Vimos un camiño romano feito con pedras e area. Cada mil pasos colocaban un milenio:
    Un milenio é un poste que pon 2.000, 3.000...

- Que son as torres que fixestes?
  • As torres as facian os romanos para decorar.

-Para que estudastes Roma?
  • Este ano traballamos sobre Asterix e Obelix, de aí xurdiu o proxecto.
  • Descubrimos os nomes dos personaxes, todosa os nomes que son galos terminan en ix.
  • Panoramix fai unha poción que dura 10´ .


     Autores/as: Adam, Marco e Nerea.

A PATACA MUTANTE

 

A pataca mutante vaga polo colexio de A Rúa en Cangas do Morrazo


Unha pataca  mutante vagaba polo colexio A Rúa durante a noite.Cando viu que nunha clase quedaba unha profesora traballando,seguiu correndo polo cole.A mestra mirouna e chamou a policía.Apataca saíu nun coche a toda velocidade,a policía atrapouna e levárona ó cárcere.



Os gardas encerrárona na súa cela.Un pouco despois,viron que a pataca mutante estaba tola e inxectáronlle unha vacina e morreu porque non era a menciña axeitada.Ata alí chegou a pataca mutante.



                                                                                  Autores:Telmo,Iris,Xián.



xoves, 15 de decembro de 2016

Hai contaminación acústica nas aulas?


Os alumnos de 5º e 6º alertan sobre as consecuencias nos niveis excesivos de ruído.
Datos obtidos en distintos lugares e momentos
  No colexio CEIP A Rúa, os nenos e nenas de 5º e 6º, a principios de novembro, investigaron os niveis de son nas aulas. Empregando a aplicación Sound Meter, tomaron medidas en distintos momentos e lugares para comprobar un estudo da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde.

xoves, 10 de novembro de 2016

Charlando coa cooperativa Bicicleando


A cooperativa Bicicleando visita o noso colexio para informar aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre como crear unha cooperativa.


Un dos momentos da charla.
    O xoves 13 de outubro, Alejandro Costa, un membro de Bicicleando veu ao cole a darnos unha charla sobre as cooperativas. Explicounos os pasos a seguir para que teñamos unha idea, xa que os nenos de 5º e 6º queremos facer unha. Os obxectivos son recadar fondos que se investirán na excursión de fin de curso, aprender a importancia do consenso, a cooperar e cumprir os nosos compromisos.

venres, 4 de novembro de 2016

Os nenos/as de 5º e 6º visitan o Faro de Vigo


Escoitando como se elaboran as novas

   Os/as alumnos/as de 5º e 6º do CEIP A Rúa visitaron as instalacións do Faro de Vigo o mércores 19 de outubro para aprender a facer o seu propio xornal Faladeiros.

luns, 18 de abril de 2016

sopa de proba

Esta é unha sopa de letras para probar por iso está tan rica...

luns, 11 de abril de 2016

The Lion King

O día 7 de abril os nen@s de 5º e 6º e nen@s de outros coles foron a ver unha obra de teatro en inglés ao auditorio feita polos nenos de 6º do CEIP San Roque, chamada "The Lion King".

luns, 14 de marzo de 2016

Pasapalabras 25 anos do CEIP A Rúa


Proba sorte con este pasapalabras sobre os 25 anos do cole.

Os anacos de pizza

Aquí vos imos deixar o chiste de anacos de pizza contado por Rosemary

Un ourizo no Colorado


 Nesta nova  ímosvos amosar un pequeno chiste

A tarta de Infantil



Hoxe dia 14/03/16 os de Infantil fixeron unha tarta para festexar os 25 anos da escola.

Jaimito e o trapo

Nesta nova ímosvos amosar un pequeno chiste.